O CIM DE ORTIGUEIRA DÁ A COÑECER OS PREMIOS Á EXCELENCIA Á INNOVACIÓN PARA MULLERES RURAIS

O Centro de Información á Muller do Concello de Ortigueira dá a coñecer a convocatoria da décima edición dos premios cos que o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación recoñece a excelencia na innovación para mulleres rurais.

Pódense presentar mulleres dos ámbitos rurais e medios de comunicación, e as categorías son a innovación agraria, a innovación na actividade pesqueira ou acuícola, na diversificación da actividade económica no medio rural ou nas zonas costeiras rurais e o premio á excelencia na comunicación.

En cada categoría concederanse tres premios, por importe de 18.000, 12.000 e 7.500 euros e ademais divulgaranse os traballos gañadores. O prazo de presentación está aberto ata o 5 de agosto.

O obxectivo da convocatoria é distinguir proxectos novos, orixinais e innovadores realizados por mulleres rurais así como actuacións que recoñezan o traballo e o papel das mulleres no medio rural. Tamén queren promover a incorporación e inserción laboral das mulleres no territorio.

Back to top