O ALCALDE RECIBIU AS OBRAS DE MELLORA E AFORRO ENERXÉTICO DAS INSTALACIÓNS DA PISCINA

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, recibiu onte as obras de mellora da piscina municipal e realizou unha visita ás instalacións. Como se recordará, no mes de outubro desenvolvéronse nestas dependencias actuacións por importe de 132.918 euros, destinados a dotalas dunha nova deshumectadora coa súa rede de condutos e equipamento complementario (tres novos depósitos de auga). O novo dispositivo de alta eficiencia de aire, ademais de mellorar o funcionamento das instalacións, contribuirá ao aforro enerxético.

Back to top