Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

NOVOS CURSOS DE TECNOLOXÍA NA AULA CEMIT DE ORTIGUEIRA

Desde hoxe e ata o vindeiro xoves desenvólvese na Aula CeMIT de Ortigueira un curso de introdución ao deseño web con HTML e CSS, dentro das actividades de tecnoloxía que se organizan nestas dependencias. As clases teñen lugar entre as 10.00 e as 12.00 horas.

A semana que vén, do día 9 ao 12 impartirase unha nova actividade formativa, neste caso centrada na introdución ao deseño asistido por ordenador. O horario é o mesmo, de 10.00 a 12.00.

Back to top