Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Vespa velutina, ou avespa asiática, é unha especie invasora que chegou procedente do sueste asiático e detectouse en Galicia no 2013.

A súa presenza afecta á biodiversidade (pola predación de insectos autóctonos), afecta á produción apícola e froitícola (parte importante da súa dieta son abellas e froitas), e a súa expansión por zonas urbanas ou semiurbanas incrementa o risco de picaduras para as persoas.

Os niños de Vespa velutina son de forma redondeada ou piriforme e de maior tamaño que os da avespa autóctona. Atópanse principalmente no alto das árbores, e van crecendo ata chegar a medir a finais de outono aproximadamente 1 metro de alto x 0,8 metros de ancho.

Se detecta un niño, non se achegue a el a menos de 5 metros, e comuníqueo chamando ao 012. O Grupo de Emerxencias Supramunicipais é o encargado da retirada dos niños no Concello.

CHAME AO 012

Nas seguintes ligazóns dispón de información de relevancia sobre a vespa velutina:

VER PDF Tríptico de información sobre a vespa velutina

VER PDF Cartel informativo sobre a vespa velutina

VER PDF Construcción de trampas artesanais para vespa velutina

VER PDF Mapa de vixiancia e control da vespa velutina (Data: 29 de setembro de 2018)

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top