Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Segundo a Lei 7/2012 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, as distancias mínimas que han de respectarse polas novas repoboacións forestais son as seguintes:

TIPO DE TERREO DISTANCIAS QUE HAI QUE MANTER CON XESTIÓN DA BIOMASA
Parcelas forestais. 2 metros.
Terreos situados en solo rústico de especial protección agropecuaria. 10 metros.
Zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados ou pastos, non clasificadas de especial protección agropecuaria. 4 metros cando se empreguen especies frondosas e 10 metros no resto de especies.
Desde o límite do dominio público das vías (autovías, autoestradas, corredores, estradas convencionais ou vías rápidas). 4 metros cando se empreguen especies frondosas e 10 metros no resto de especies.
En pistas forestais principais. 2 metros cando se empreguen especies frondosas e no resto de especies, 4 metros en xeral e 6 metros nos concellos declarados como zona de alto risco de lumes.
Redes de transporte eléctrico: dende a proxección do condutor máis externo, considerando a súa desviación máxima producida polo vento, segundo a normativa aplicable a cada caso. 5 metros para todas as especies.
Canles fluviais -ríos- de máis de 2 metros de largo. 5 metros cando se empreguen especies frondosas e no resto de especies 15 metros, contados dende o dominio público. Non será aplicable en actuacións de recuperación ambiental.
En edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros do monte ou fora de suelo urbán e de núcleo rural.

Con suelo urbán, suelo de núcleo rural e suelo urbanizable.

15 metros cando se empreguen especies frondosas e 50 metros no resto de especies.
En cámpings, gasolineiras e industrias ou instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas. 25 metros cando se empreguen especies frondosas e 50 metros no resto de especies.

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top