Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INICIO DAS CLASES DE INGLÉS 2018-2019

Un ano máis, o Concello de Ortigueira inicia o curso de inglés destinado a pequenos e maiores interesados en mellorar o seu dominio desta lingua.

As clases impartiranse no CEIP José María Lage, Porto Espasante, Ponte Mera, San Claudio, Aula Cemit e Biblioteca, e haberá grupos para desde os 3/4 anos ata os máis adultos, con distintos niveis falado e escrito. Co uso de actividades e xogos, así como clases de conversa, os cursos teñen coma obxectivo que a aprendizaxe sexa divertida e motivadora.

O inicio dos cursos será o 1 de outubro (agás na Aula Cemit que será o día 16 do mesmo mes), e o prezo será de 2,50€/hora con bonificacións no caso de apuntarse varios membros dunha mesma unidade familiar. O período de proba durará ata o día 13 de outubro.

O goberno municipal mantén o seu compromiso coa formación, e segue a promocionar a aprendizaxe de idiomas, ferramenta de gran utilidade tanto no ámbito laboral coma no desenvolvemento persoal dos veciños e veciñas.

Na seguintes ligazóns poden consultarse os horarios e información de interese:

Back to top