GHAZAFELHOS LEVA O SEU ESPECTÁCULO DE TEATRO DE RÚA “O VENDEDOR DE FUME” A ORTIGUEIRA

A compañía de Narón Teatro Ghazafelhos levará este sábado, día 22, aos Xardíns da Alameda de Ortigueira a súa última produción, “O vendedor de fume”, unha obra dirixida a nenos e nenas a partir dos catro anos que foi estreada o Día das Letras Galegas. Esta actuación de teatro de rúa dará comezo ás 19.00 horas.
Trátase dun espectáculo en clave de humor que conta a historia dun vendedor de apócemas para facer medrar o pelo ou curar o catarro. A súa intención é “colocalas” aos veciños axudado por cómplices que se atopan entre o público. As tres persoaxes protagonistas -Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas- interactúan con diferentes obxectos e monicreques ademais de cantar e bailar durante a representación.

Back to top