Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA INICIATIVA DO CONCELLO “XANELAS DO NADAL”

A iniciativa do Concello de Ortigueira “Xanelas do Nadal”, que ten como obxectivo favorecer a confraternidade veciñal nas festas de Nadal, é todo un éxito de participación. Desde o vindeiro sábado, 1 de decembro, e ata o 24 do mesmo mes, haberá 15 citas en diferentes domicilios, que se iluminarán para a ocasión e nos que se agasallará ás persoas que se acheguen a eles cun pequeno ágape.

As “Xanelas de Nadal” desenvolveranse en vivendas das rúas Fernández Latorre, Madalena, Luciano Pita, As Pontes, Travesía Príncipe e Avenida Escola de Gaitas, ás oito da tarde, para rematar no Concello o día 24, coincidindo coa Noiteboa. O 18 a cita será na Residencia de Maiores, neste caso ás 17.00 horas.

Esta proposta responde ao interese do Concello por compartir estas datas tan especiais, ademais de coa familia e amigos, entre a propia veciñanza, xa que este ano toda a programación de Nadal xira arredor da idea de Ortigueira como un municipio acolledor no que todos e todas se poden sentir como na casa.

Back to top