Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxecto de documentación sobre o Camiño dos Arrieiros

Este evento terminou

Trátase dun traballo realizado pola empresa Cultureume a través do grupo de desenvolvemento local Seitura 22 que ten como obxectivo recoller preto de 300 elementos patrimoniais arqueolóxicos, arquitectónicos e etnográficos que se poden atopar ao longo do devandito itinerario. A idea última é que esta documentación poida axudar á Deputación e os concellos implicados a poñer en valor e sinalizar este camiño, que conectaba As Pontes con Estaca de Bares e que usaban os arrieiros que hoxe lle dan nome.

O acto comezará ás 20.00 horas e contará coas intervencións do alcalde, Juan Penabad Muras; o cronista de Ortigueira, Xosé Carlos Breixo Rodríguez, e, en representación de Cultureume, Xosé María López Fernández -técnico de xestión cultural- e Lucía Iglesias Rodríguez -documentalista-.

Back to top