Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mulleres que contan

Este evento terminou

A partir das 12.00 horas na Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”, desenvolverase esta actividade que ten como obxectivo a animación á lectura e dinamización lingüística, visibilizando as palabras de moitas mulleres escritoras con nome propio, ao tempo que se fai un percorrido histórico en feminino.

María Victoria Moreno e outras mulleres escritoras, ao longo da historia, destacaron polas súas creacións literarias e non sempre foron recoñecidas e visibles.

No ano 2018, María Victoria Moreno foi protagonista no día das letras galegas, feito que leva a propoñer unha actividade que axude á mocidade ( mozas e mozos a partires de 12 anos de idade) a coñecer mellor a historia de vida desta e outras mulleres.

Back to top