Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Borja Quiza

Este evento terminou

O barítono de Ladrido (Ortigueira) Borja Quiza ofrecerá o seu concerto Alma, Corazón y Vida na Alameda de Ortigueira ás 21.00 h. O concerto patrocinado polo Concello de Ortigueira e o Agadic, será gratuíto e realizarase ao aire libre.

“Alma, corazón e vida son tres ingredientes esenciais para cantar ao amor. A alma como a substancia sensitiva e intelectual, o corazón como o motor principal dos nosos sentimentos e a vida a como a unión entre alma e corpo que nos permite dar forma física a toda a nosa creatividade emocional”. Estes tres elementos inspiraron a Borja Quiza para crear esta selección de cancións de amor e desamor coñecidas por todos, pero versionándolas para adaptalas ao seu fantástico instrumento e á súa profunda interpretación musical. Bésame mucho, Perfidia, Soñar Contigo ou Piensa en mí, son algúns dos títulos que o barítono interpretará rodeado de dez músicos para invocar ao amor, que á fin e ao cabo “é a enerxía que move o mundo”.

Tras o éxito cultivado en 2010, tamén na Alameda, cun recital lírico coa Orquestra Gaos e o coro El Eco, Borja só regresara ao seu Ortigueira natal con recitais máis íntimos no Teatro de Beneficencia. Esta vez volve cun concerto ao aire libre de gran formato que seguro deixará pegada na historia musical da vila.

Back to top