Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A concellería de Cultura e Educación, organizada sobre tres grandes áreas de xestión (organización do Festival do Mundo Celta, programación de eventos culturais, e promoción de accións educativas), ten como principais obxectivos fomentar a cultura en tódalas súas manifestacións artísticas (escénicas, plásticas, visuais, gráficas, literarias, etc.) e apoiar a formación educativa.

Entre as comeptencias na área de cultura destacan as relacionadas coa programación cultural do Teatro de Beneficencia, as exposicións e a biblioteca municipal. Dentro das competencias educativas, están a xestión da escola de música municipal e da Aula de informática, e a representación do concello na escola infantil e demais centros educativos da vila (colexio e instituto).

Con estes medios e obxectivos, esta concellería traballa no desenvolvemento dunha sociedade futura con máis oportunidades de ocio e formación, diversificando e descentralizando as accións culturais, ofrecendo unha programación participativa e colaborativa.

Esta área está xestionada pola concelleira Vanesa Trevín Pita, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello.

Área de Educación e Cultura

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas (18 de marzo, 22 de maio, 26 de xullo,16 de agosto, e 24 e 31 de decembro de 2019, todas as oficinas permanecerán pechadas a excepción do rexistro).
Persoa de contacto: Vanesa Trevín vanesa.trevin@concellodeortigueira.com

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top