A área de desenvolvemento económico e emprego nace co obxectivo de fortalecer o tecido socio-económico e o desenvolvemento do noso concello a través do Instituto Ortegano de Promoción Económica (IOPE) principalmente, así como de promover políticas de emprego encamiñadas tanto á súa creación como á mellora da empregabilidade dos veciños e veciñas.

Ambalos dous obxectivos pasan por desenvolver políticas estratéxicas de promoción do comercio de proximidade, incremento da competitividade e o crecemento do tecido empresarial ortegano (vía formación e mellora de infraestruturas), orientación laboral que promociona o autoemprego e apoia a empresarios e autónomos, facilitando tamén novas oportunidades de carreira profesional e melloras das habilidades.

Trabállase tamén de xeito transversal coas áreas de comercio e de cultura na dinamización e modernización tanto do comercio como dos recursos que desde a administración se poñen á disposición da veciñanza.

O departamento está formado por un axente de emprego e desenvolvemento local e unha orientadora laboral.

Área de Desenvolvemento Económico e Emprego

Recheo da Alameda, s/n.
981 974 101.
Horario: de luns a venres de 9.00h a 14.30h (excepto 13 de xullo, 27 de xullo, 21 de decembro e 28 de decembro que será de 9.00 h a 13.00 h).
Persoa de contacto área desenvolvemento económico: Francisco José Fernández Carreja empleo@concellodeortigueira.com
Persoa de contacto orientadora laboral: Mercedes Álvarez malvarez@concellodeortigueira.com

Back to top