Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CURSO DE ADESTRADOR DE FÚTBOL NACIONAL C NO CONCELLO DE ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira e a Federación Galega de Fútbol organizan desde o 4 de febreiro ata o 28 de abril un curso de Adestrador de Fútbol Nacional C dirixido a maiores de 16 anos que estean polo menos en posesión do título de ESO.

A matrícula -que ten un prezo de 200 euros- pódese realizar na web da Federación ata o 3 de febreiro e as clases desenvolveranse os martes e xoves de 20.00 a 23.00 horas, cunha carga total de 160 horas lectivas. A formación teórica terá lugar no edificio da Tesourería da rúa Príncipe e a práctica no campo de fútbol de Morouzos. Ao tratarse dun curso presencial, a asistencia é obrigada.

Entre os contidos do curso están a evolución do fútbol, a creación de equipos, a filosofía e didáctica do fútbol, as regras do xogo e outros aspectos como a fisioloxía, a nutrición ou a medicina en relación co fútbol.

A obtención deste diploma permitirá ao alumnado continuar nas Escolas de Adestradores de ámbito autonómico co curso de adestrador de fútbol licencia UEFA B.

Descarga na seguinte ligazón da Convocatoria Curso Federativo de Entrenador de Fútbol Nacional C

Back to top