CHARLA PARA EDUCADORES SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA ESTE VENRES

O Centro Social de Ortigueira acollerá o vindeiro venres, 10 de maio, unha charla sobre o tema “Pautas e ferramentas que permitan abordar as formas de violencia de xénero na adolescencia”. A iniciativa está orientada a pais, nais e educadores en xeral e forma parte do programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero que impulsa a Deputación da Coruña baixo o título “Suprime o control”.

A charla será impartida por persoal especializado que xa se ocupou do programa en centros de ensino secundario da provincia, entre eles o IES de Ortigueira e terá lugar ás cinco da tarde.

Back to top