Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CATRO VECIÑOS COLABORAN NAS TAREFAS DE DESINFECCIÓN EN ORTIGUEIRA COS SEUS TRACTORES

Esta semana o sistema de limpeza que se está levando a cabo en Ortigueira viuse reforzado coa colaboración de catro veciños que, cos seus tractores, contribúen nas tarefas de desinfección en determinados puntos do municipio. Utilizando uns atomizadores e o desinfectante que lles facilita o Concello, axudan a garantir unha mellor hixiene e a diminuír o risco de contaxios polo coronavirus. O goberno di que estes traballos estanse realizando coa maior frecuencia posible e en horario nocturno, ao tempo que agradece a colaboración destas persoas.

Back to top