BOTA A ANDAR A SEGUNDA EDICIÓN DO PROXECTO “CON VOZ DE MULLER”

O Centro de Información á Muller do Concello de Ortigueira comezará a semana que vén a presentación nas parroquias da segunda edición do proxecto “Con voz de muller”, unha iniciativa da Concellería de Benestar Social e Igualdade que ten como obxectivo recuperar e dar a coñecer o valor social das achegas das mulleres á vida comunitaria e á historia das parroquias nas que viven. A primeira edición desenvolveuse en Loiba e San Claudio.

Desde o Concello convídase ás mulleres maiores a participar no proxecto e asistir á presentación que se levará a cabo nos respectivos centros sociais nas seguintes datas:

  • O luns 27 ás 17.00 horas en Santiago de Mera e ás 18.00 en Santa María de Mera.
  • O martes 28 ás 18.00 horas no porto de Espasante.
  • O mércores 29 ás 17.30 horas en A Basteira.
Back to top