DATOS DE CONTACTO DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS

Recheo da Alameda, s/n.
981 402 542.
Horario: de luns a venres de 9.00h a 13.00h.
Correo electrónico: serviciossociais@concellodeortigueira.com

Dende os Servizos Sociais tramítanse e xestiónanse un amplo abano de servizos e prestacións específicas de axuda para as persoas do municipio. Estes son algúns dos máis salientables:

Traballamos activamente para facilitarlles á cidadanía o coñecemento e acceso aos recursos sociais, para que poidan exercer os seus dereitos nun marco de igualdade de oportunidades.

Esta prestación responde á necesidade da cidadanía de dispoñer dunhas condicións que lles permitan desenvolver a súa autonomía persoal e social no seu propio fogar, ben pola via da dependencia ou da libre concurrencia. Trátase de facilitarlle a permanencia no seu domicilio ás persoas que poidan ser beneficiarias do servizo mediante axudas de carácter persoal, doméstico e de apoio. Esta prestación pode complementarse con servizos como o de teleasistencia domiciliaria ou camas articuladas.

O obxectivo principal deste programa pasa por conseguir que a ciudadanía en situación de necesidade -temporal ou permanente- conte cun aloxamento digno e unha estrutura básica de relación. Neste eido ofrécense alternativas como o acollemento familiar ou residencial.

O programa compila unha serie de actuacións destinadas a previr a marxinación e as súas causas. Pretende asemade favorecer os procesos de participación e integración das persoas e colectivos do municipio. Con este obxectivo desenvólvense unha serie de prestacións específicas, como obradoiros ocupacionais, formación, viaxes sociocomunitarios ou campañas informativas.

O Concello, dende o departamento de Servizos Sociais, facilítalles á ciudadanía a xestión tanto de axudas propias como doutras administracións.

Dentro das axudas propias, concedense:

  • Axudas de emerxencia social (o prazo de solicitude está aberto todo o ano).
  • Agasallos de Nadal (o prazo de solicitude ábrese no mes de novembro).
  • Banco de Alimentos (3 fases ao ano).
  • Roupeiro (o prazo de solicitude está aberto todo o ano).

Doutras administración xestionannse as solicitudes de:

  • Pensión non contributiva (PNC).
  • Renta de inserción social de Galicia (RISGA).
  • Axudas de integración social.
  • Renta activa de inserción (RAI).
  • Axudas periodicas a vitimas de violencia de xénero.
Back to top