APROBADA UNHA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA DEPORTISTAS DE RECOÑECIDA TRAXECTORIA

Nas vésperas de resolver as axudas que o Concello de Ortigueira concede a deportistas do municipio de recoñecida traxectoria na súa convocatoria de 2017, aprobáronse as bases dunha nova edición para a que se abrirá o prazo de presentación de solicitudes trala súa publicación no BOP.

Nesta convocatoria destinaranse 4.000 euros a estas subvencións, que teñen por obxecto axudar a deportistas con talento tanto ao seu perfeccionamento como a que poidan participar en eventos deportivos.

Poderán optar ás axudas as persoas que teñan 10 anos ou máis cumpridos o 31 de decembro de 2018, participen nunha modalidade deportiva recoñecida polo Consejo Superior de Deportes e ter a correspondente licencia federativa, estar empadroado en Ortigueira desde hai alomenos un ano e acreditar nivel deportivo na súa disciplina.

Son subvencionables os gastos federativos, de desprazamento, estancia, equipamento deportivo e médicos e de fisioterapia. Cada beneficiario recibirá como máximo 1.800 euros.

Back to top