APERTURA DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA BOLSA DE EMPREGO PARA O FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA PARA O ANO 2019

Xa está aberto o prazo para inscribirse na bolsa de emprego para os postos de traballo que poidan precisarse durante a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira no ano 2019.

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 12 DE XUÑO ao 3 DE XULLO do ano 2019, ámbolos dous días inclusive.

Os postos de traballo que se ofertan son de:

  1. Hostalería, en todas as súas variantes (barra de bebidas, restauración, postos ambulantes de comida, etc.)
  2. Auxiliares de aparcadoiros.
  3. Limpeza en vía pública e mantemento das zonas de aseos habilitadas pola organización.
  4. Auxiliares diversos (control de dependencias, tarefas de carga e descarga).

Os requisitos para participar nesta convocatoria, será unicamente o de estar desempregado, debendo de presentar a solicitude xunto cunha fotocopia do DNI e a tarxeta de demandante de emprego.

Back to top