Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AÍNDA QUEDAN PRAZAS PARA O X ENCONTRO DE MULLERES DE ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira lembra que aínda quedan prazas para poder participar no X Encontro de Mulleres de Ortigueira que se celebrará o vindeiro día 9 de marzo no restaurante Orillamar de Espasante. A inscrición está aberta ata o 4 de marzo no Centro Social de Ortigueira, en horario de oito da mañá a tres da tarde. A iniciativa forma parte dos actos organizados con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de Marzo.

Back to top