Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTIVIDADE FORMATIVA SOBRE COMPRAS E CONTRATACIÓNS A DISTANCIA E GOOGLE FOTOS

A axenda do Concello de Ortigueira para a vindeira semana inclúe varias actividades formativas. O luns, na Aula CeMIT a partir das 12 do mediodía, falarase de recomendacións e dereitos para compras e contratacións a distancia. Ás 17.00 horas o tema da formación será Google Fotos e a xestión de fotos para liberar espazo do teléfono.

O martes continuarán as actividades do programa “Feito a man na bilioteca”, neste caso dedicadas ao “amigurumi”, unha técnica para facer pequenos bonecos con gancho. MarGumis exporá as súas creación ata o 26 de xuño.

Back to top