ÁBRESE A CONVOCATORIA PARA SOLICITAR AS AXUDAS POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN QUE CONVOCA O CONCELLO DE ORTIGUEIRA

Coa publicación no BOP abriuse o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas ás familias que convoca o Concello de Ortigueira, que se poderán pedir ata o día 15 de decembro. Trátase dunhas subvencións para colaborar económicamente coas familias residentes en Ortigueira que teñan un fillo ou filla (tanto por natureza como por adopción ou que estean en situación de garda con fines adoptivos) entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste ano, e teñen tamén como obxectivo contribuír a fixar poboación no Concello. Para os fillos nacidos ou adoptados entre o 15 e o 31 de decembro haberá un prazo adicional de solicitude ata o 15 de xaneiro.

Establécese un pago único de 300 euros, aínda que nos casos de partos múltiples esta cantidade incrementarase nun 100% por cada fillo ou filla.

O Concello reserva para esta finalidade 6000 euros.

Para máis información pódese consultar a seguinte ligazón ao BOP do 15 de abril:

IR Á LIGAZÓN Axudas ás familias por nacemento ou adopción

Back to top