Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, PEL RELEVO E PEL RURINNOVA, PARA FOMENTO DO EMPREGO

As subvencións PEL RELEVO e PEL RURINNOVA aprobadas pola Deputación da Coruña, poderán solicitarse ata o 31 de agosto de 2020 por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

O programa PEL RURINNOVA está dotado con 489.000 euros e fomenta o autoemprego e a creación de empresas con medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da mocidade mediante o traballo autónomo. Os destinatarios destas axudas son proxectos empresariais innovadores promovidos por persoas menores de 30 anos do rural. As axudas poderán oscilar entre os 4.050 e os 8.100.000 euros.

O programa PEL RELEVO está dotado con 432.000 euros para fomentar a contratación de persoas menores de 30 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, en empresas implantadas nos concellos coruñeses que ben conten con menos de 5.000 habitantes, ou en aqueles que tendo menos de 10.000 empadronados, conten cun saldo demográfico negativo, como é caso do Concello de Ortigueira. As ayudas deste programa estarán entre os 2.700 e os 28.500 euros.

Nas seguintes ligazóns pode accederse ás bases das axudas, así como á plataforma SUBTeL para a presentación das solicitudes:

IR Á LIGAZÓN Bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RURINNOVA

IR Á LIGAZÓN Bases reguladoras das axudas do proxecto PEL RELEVO

IR Á LIGAZÓN Plataforma SUBTeL da Deputación da Coruña

Back to top