ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO PRL DAS ACTIVIDADES DO METAL NA CONSTRUCIÓN

O Concello de Ortigueira organiza o curso de 60 horas de nivel básico de prevención das actividades do metal na construción que terá lugar nas instalacións do Centro de Formación sito no polígono industrial de A Rega-Cuíña, e será coordinado polo servizo municipal de orientación laboral.

O curso desenvolverase do 14 ó 25 de outubro, e impartirase en horario de mañá de 8.30 h a 14.30 horas.

Esta formación, que conta con 15 prazas dispoñibles, está dirixida a todas as persoas interesadas, que deberán matricularse rexistrando a súa solicitude acompañada pola seguinte documentación:

  • en caso de desempregados/as, tarxeta demanda de emprego .
  • en caso de personas ocupadas ,o informe de vida laboral .

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 10 de outubro. A matrícula ten que se realizar nas oficinas do Rexistro Municipal ou a través do rexistro electrónico:

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas.

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello (require identificación persoal)

Back to top