Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE MONTAXE DE ANDAMIOS APOIADOS

O Concello de Ortigueira organiza o curso de montaxe de andamios apoiados, que terá lugar nas instalacións do Centro de Formación sito no polígono industrial de A Rega-Cuíña, e será coordinado polo servizo municipal de orientación laboral.

O curso desenvolverase do 3 ao 10 de abril, e impartirase en horario de mañá, de 8.30 h a 14.30 horas.

Esta formación, que conta con 20 prazas dispoñibles, está dirixida a persoas ocupadas e desempregadas e os/as interesados/as deberán matricularse rexistrando a súa solicitude acompañada pola seguinte documentación:

  • DNI.
  • Tarxeta de demandante de emprego (no caso de desempregados/as).

O prazo de inscrición estará aberto do 7 ao 22 de marzo. A matrícula ten que se realizar nas oficinas do Rexistro Municipal ou a través do rexistro electrónico:

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas.

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello (require identificación persoal)

Back to top