Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTA A PREINSCRICIÓN PARA OS ALMORZOS NA ESCOLA

Os nenos e nenas almorzan no Colexio, aprenden hábitos saudables e teñen tempo de lecer ata o comezo do horario escolar. O día 16 organízase unha charla sobre “Saúde e autocoidado para coidadoras”.

O Centro de Información á Muller ten aberta ata o 16 de maio a preinscrición para os nenos e nenas que se beneficiarán dos “Almorzos na escola” no curso 2018-2019, unha iniciativa que forma parte do programa municipal Conciliortigueira e que está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo. Trátase dun servizo que atende de forma personalizada ao alumnado de Educación Infantil e Primaria e que funciona de luns a venres no CEIP José María Lage a partir das 7.30 horas. Ata o comezo das clases os usuarios almorzan, aprenden hábitos saudables e de hixiene e realizan actividades de lecer cun monitor/a especializado. A iniciativa trata de favorecer a conciliación dos pais e nais que traballan nese horario. Para se apuntar hai que acudir ás oficinas do CIM e para ter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 40 25 42.

Por outra banda, a Fundación Mujeres impartirá o vindeiro mércores 16 unha charla sobre “Saúde e autocoidado para coidadoras”. Será ás 10.30 no edificio de Servizos Sociais e está dirixida a tódalas persoas que foron ou son coidadoras. A actividade está organizada polo Concello en colaboración coa Deputación e a devandita fundación.

Back to top