Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROXECTO INDIRA DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL E SAÚDE PARA MULLERES

O Centro de Información á Muller de Ortigueira levará a cabo un ano máis o proxecto Indira, un espazo de convivencia pensado para o intercambio de experiencias entre mulleres no que se abordan temas e actividades que teñen que ver co desenvolvemento persoal e de saúde en todos os seus aspectos.

Abordaranse cuestións como a importancia do autocuidado, a identidade e a imaxe propia, as emocións e a relaxación, entre outros aspectos.

As interesadas en asistir teñen que se inscribir no CIM (Servizos Sociais do Concello) antes do vindeiro 14 de setembro. As prazas son limitadas.

O proxecto Indira está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. Estará impartido por Atalaia Social S.L e coordinado por Ana Dopico (directora e avogada do CIM) e Rocío Blanco (psicóloga do CIM).

O ano pasado participaron nestas actividades 15 mulleres orteganas.

Back to top