Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL EN ORTIGUEIRA

Xa está aberta a inscrición para participar na xornada informativa sobre o proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal como axente dinamizador do turismo e do desenvolvemento sostible. Terá lugar o vindeiro día 4 de decembro ás 18.00 horas no Teatro de Beneficencia e o seu obxectivo é achegar á poboación local ao que é un xeoparque, o traballo que se está a facer e os beneficios e implicacións que trae consigo a declaración.

A xornada é gratuíta e para asistir hai que se apuntar a través do correo electrónico bit.ly/XornadasXeoparqueCaboOrtegal.

Ademais dos concellos involucrados no proxecto, a iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña, o Xeodestino Ferrolterra Rías Altas e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

Back to top