A TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ORTIGUEIRA RETÓMASE DESPOIS DE 21 ANOS

O Concello de Ortigueira e o Club Natación Cedeira Muebles García retoman a celebración da Travesía a Nado Concello de Ortigueira, que cumplirá a súa quinta edición o vindeiro 2 de xuño despois de 21 anos sen se celebrar.

A proba será puntuable para o circuíto galego de augas abertas, aínda que poden participar -ademáis das persoas inscritas neste campeonato- todos os interesados e interesadas, tanto adultos como nenos e nenas.

As distancias a nadar serán diferentes en función das categorías, sendo a máxima de 2.500 metros e a mínima de 400. Os e as participantes sairán da alameda de Ortigueira a partir das catro da tarde.

As inscricións, para as que está aberto o prazo ata o 30 de maio, teñen que se realizar a través de Galitiming.com.

Back to top