A NOVA CORPORACIÓN DE ORTIGUEIRA TOMARÁ POSESIÓN NUN ACTO SOLEMNE NO TEATRO DE BENEFICENCIA O SÁBADO ÁS 12.00 HORAS

A sesión solemne do Pleno de constitución da nova corporación de Ortigueira está convocado para o sábado 15 de xuño ás 12 do mediodía no Teatro de Beneficencia. O alcalde en funcións, Juan Penabad Muras, fixo un chamamento aos veciños e veciñas para que acudan a presenciar a toma de posesión das actas dos novos concelleiros e concelleiras, así como a elección do alcalde ou alcaldesa para o vindeiro mandato municipal 2019-2023. A invitación di textualmente: “Neste día tan sinalado, do noso compromiso público con Ortigueira e as nosas xentes, gustaríanos estar arroupados pola presenza de todos vos”.

No acto ten confirmada a súa presenza a subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo Ansorena.

Back to top