A AULA CEMIT ORGANIZA TRES CHARLAS DIVULGATIVAS ESTE MES, A PRIMEIRA SOBRE OS DEREITOS DOS USUARIOS DOS TALLERES DE VEHÍCULOS

A Aula CeMIT de Ortigueira desenvolverá ao longo do mes de febreiro tres actividades de divulgación que darán comezo o vindeiro luns, día 4, cunha dedicada aos dereitos das persoas usuarias dos talleres de reparación de vehículos. Será a partir das doce do mediodía na propia Aula CeMIT e, a través de videoconferencia coa Escola Galega de Consumo, resolveranse dúbidas relacionadas con temas como o dereito a un orzamento previo, se este se pode cobrar no caso de que non arranxemos o vehículo nese taller ou se o cliente ten dereito a reclamar a peza que lle substituiron.

Os e as interesados teñen que realizar unha inscrición previa no número de teléfono 981 402 533, o mesmo no que hai que reservar praza para as seguintes charlas. A do martes 5 de febreiro abordará a seguridade en internet, a xestión da información e o acceso a contidos inapropiados, a partir das 18.30 horas. A última será o martes 12, ás 10.30 e tratará sobre orientación laboral.

Back to top