Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL DE ORTIGUEIRA COLABORA NA CAMPAÑA DE VACINACIÓN NA FEIRA DE MOSTRAS DE FERROL

A campaña de vacinación masiva contra a Covid-19 que se está desenvolvendo no recinto da Feira de Mostras de Ferrol contou onte coa colaboración da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ortigueira, que desprazou ao seu persoal para contribuír a manter a organización do operativo.

O Sergas e Protección Civil de Ferrol solicitaron a axuda das outras agrupacións dos concellos que forman parte da Área Sanitaria para este dispositivo, que continuará ata o mes de xuño, e a de Ortigueira respostou a este chamamento cunha primeira intervención na tarde de onte.

O alcalde, Juan Penabad Muras, insistiu en que para saír canto antes da pandemia que estamos a vivir necesítase da axuda de todos e todas, e destacou que o Concello ten os seus medios dispoñibles para avanzar da mellor maneira nas campañas de vacinación e para que poidan levarse a cabo o máis rapidamente posible. Lembrou tamén que hai veciños e veciñas de Ortigueira que se desprazan a Ferrol para ser vacinados, polo que é imprescindible a colaboración mutua.

Back to top