PONSE EN MARCHA O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN MUNICIPAL CONCILIORTIGUEIRA_ALMORZOS NA ESCOLA
Hoxe coincidindo có inicio do curso escolar 2020/2021 púxose en marcha o Programa de Conciliación Municipal Conciliortigueira_Almorzos na escola, no que participan 15 familias.
Onte a Concelleira de Igualade e o persoal do CIM convocaron ás familias a unha reunión no centro social no que se expuxeron as novidades que a situación do covid-19 exixe en materia de separación do alumnado, hixiene , distanciamento social así como as medidas que a Concellería de Igualdade adoptou para o cumprimento das mesmas.
O programa CONCILIORTIGUEIRA está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.