Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VOLVEN AS XANELAS DO NADAL, PARA FOMENTAR A CONVIVENCIA E O TEMPO DE LECER COMPARTIDO ENTRE A VECIÑANZA

Ata o venres 22 de novembro ás 14.00 horas está aberto o prazo para participar nunha nova edición, a quinta xa, do proxecto veciñal Xanelas do Nadal. É unha iniciativa do Concello de Ortigueira que ten como obxectivo fomentar a relación entre a veciñanza nos días previos ás festas de Nadal, decorando unha fiestra da propia casa e “inaugurándoa” invitando aos veciños e veciñas a compartir unha bebida quente e algo de picar -cada un na medida das súas posibilidades-.

As persoas interesadas teñen que se poñer en contacto co teléfono 981 974 103 e escoller un día de decembro para ser anfitrión, de maneira que todos os días dese mes, do 1 ao 24, arredor das 20.00 horas haxa unha casa onde compartir tempo cos veciños.

O Concello aclara que non é unha iniciativa de carácter relixioso, polo que pode participar calquera persoa independentemente das súas crenzas. Tamén é posible facer unha organización comunitaria, entre varios veciños do mesmo edificio.

Back to top