Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VOLVE O MERCADO SEMANAL DE ORTIGUEIRA, MAÑÁ SÓ CON PRODUTOS DE ALIMENTACIÓN E PLANTAS

O mercado de Ortigueira volverá abrir mañá na zona da Alameda, aínda que ese primeiro xoves unicamente estarán os postos de alimentación e plantas, arredor dunha ducia, e non será ata o 4 de marzo cando se recupere a actividade no seu conxunto.

As medidas de seguridade serán as mesmas que se implementaron con motivo da pandemia, especialmente a distancia de seguridade entre os diferentes postos, que se conseguiu ampliando a superficie de instalación dos mesmos collendo parte do espazo dedicado a aparcamento. Manterase igualmente a obrigatoriedade do uso da máscara e de xel hidroalcohòlico.

Os veciños e veciñas da vila poderán recuperar así o mercado semanal, mañá con limitacións de postos pero a partir da vindeira semana na súa totalidade e con presenza de persoas doutros concellos, xa que desde este venres poderase circular libremente entre os municipios da área sanitaria con excepción de Moeche. O mercado funciona en horario de 9.00 a 15.00 horas.

Back to top