VENTA DE ROUPA DE PUNTO ARTESANAL A BENEFICIO DE ASPROMOR
Ata finais de agosto estará aberta no local de Galioart, no porto de Ortigueira, unha exposición de roupa de punto tecida pola artesá Josefina Pita. As prendas estarán á venda e a recadación donarase a Aspromor (Asociación Pro-Minusválidos do Ortegal). Trátase dunha iniciativa de moda eco-amigable ou moda ética na que as pezas son únicas e totalmente artesanais.
O horario de apertura é de 12.00 a 14.30 e de 18.30 a 21.00 horas.