UNHA UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN ESTARÁ O DÍA 31 EN ORTIGUEIRA
A Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos está tomando medidas para garantir a continuidade deste servizo esencial, que cada día permite salvar a vida de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos, e por tanto continúa recollendo doazóns nestes días. O vindeiro martes, 31 de marzo, unha unidade móbil do servizo estará diante do centro de saúde de Ortigueira, de 16.00 a 21.00 horas. As persoas que queiran doar teñen que pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828.
ADOS lembra que o seu traballo depende da colaboración diaria dos concellos, e máis aínda nas actuáis circunstancias.