“UNHA APOSTA POLO NOSO”
A Concellería de Promoción Económica e Turismo dirixida por Áurea Vázquez pon a disposición da veciñanza os videos da campaña “Unha aposta polo noso” dirixidos á concienciación cidadá sobre a importancia que ten para a nosa economía o consumo nas nosas empresas, no noso comercio e á hostalaría local.
Os videos foron elaborados en colaboración con 67 comerciantes e hostaleiros municipais, un sector co que, desde o concello destacan o seu compromiso para colaborar nos proxectos de fomento da viabilidade do comercio local, como este “aposta polo noso”.
A continuación poden visualizarse os dous videos elaborados desde o concello e co que se convida á veciñanza a apostar polo comercio e a hostalaría locais: