Esta actuación, ten como obxectivo principal promover o desenvolvemento cultural do Concello de Ortigueira a través da posta en coñecemento tanto dos visitantes como da propia poboación dos bens susceptibles de ser constituídos patrimonio cultural e natural do territorio así como o fomento da súa preservación. Para iso, os primeiros pasos van da man da dotación dun recurso cultural á poboación local, co que se identifique e que lles permita acceder de maneira adecuada ao coñecemento da súa historia e do seu territorio.
Trátase dunha concepción global, que nunca deixará de encontrarse dotado de contido polo extensísimo patrimonio cultural e natural que ten Ortigueira.
Outro dos obxectivos da creación deste centro é dar resposta no so ao fomento do respeto polo patrimonio e ao coñecemento do entorno, senón tamén á necesidade de facer sostible un turismo cultural de calidade desestacionalizado, que permita en cada época do ano desfrutar dos encantos da zona, tendo en conta a limitada capacidade de carga e a necesidade de evitar o turismo de masas.
Por último, outro dos obxectivos sería canalizar o proxecto de desenrolo que supón o Proxecto “Xeoparque de Cabo Ortegal”, aglutinador de territorios de Ortegal e Ferrolterra, de cara ao Municipio de Ortigueira.
Trátase de poñer en valor todos estes elementos patrimoniais que constitúen unha grande riqueza, para que non só sexan susceptibles de ser coñecidos polos visitantes, senón tamén ofrecer información aos propios veciños para obter un maior coñecemento do seu entorno e promover neles a necesidade de protexelo.
Como apuntamos, a creación deste Museo da Historia de Ortigueira, ten una concepción global, pretendendo ser unha porta de entrada interpretativa a todo o patrimonio natural e cultural de Ortigueira, con seis temas principais: