Ortigueira son mil cousas. E son mil paisaxes tamén.
É unha mirada ao horizonte desde os banco máis fermoso do mundo, pero tamén unha ollada á natureza salvaxe da Serra da Capelada. É a vista dunha vila mariñeira onde o río Mera finaliza a súa viaxe. Son praias paradisíacas con pinares interminables. É a accesible illa de San Vicente e o abrupto dos Aguillóns.
As paisaxes de Ortigueira son todo esto e moito máis.