En determinadas datas ao longo do ano equipo móbil de expedición e renovación do DNI da Policía Nacional, desprázase ao Concello de Ortigueira. Este é o único órgano competente no Concello para a realización do trámite de expedición e renovación do carné de identidade.
Para a realización deste trámite, debe solicitarse cita previa:
- Nas oficinas xeráis do Concello:
Praza de Isabel II, s/n.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas (18 de marzo, 22 de maio, 26 de xullo,16 de agosto, e 24 e 31 de decembro de 2019, todas as oficinas permanecerán pechadas a excepción do rexistro).
- Chamando por teléfono
981 400 000.
Na seguinte ligazón pode obter toda a información necesaria ao respecto da solicitude e renovación do DNI:
IR Á LIGAZÓN Páxina oficial da Policía Nacional sobre DNI
No caso de imposibilidade de desprazamento, ten toda a información necesaria na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Imposibilidade de desprazamento para a renovación ou expedición do DNI