Subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.
Na mesma establécese que a Concellería de Igualdade do Concello de Ortigueira recibirá da Secretaría Xeral de Igualdade, no 2023, unha subvención de 73.155 € para actividades de promoción da Igualdade.
Con esta axuda abárcanse as seguintes actuacións:
O Programa Municipal de conciliación “CONCILIORTIGUEIRA”, que promove a conciliación durante o período escolar cos Almorzos na escola, e durante o período non lectivo coa actividade Sen cole no cole, recibirá un importe de 13.155 euros.
O Centro de Información á Muller recibirá 60.000 euros para o financiamento do persoal técnico, avogada e psicóloga.
Accede ao documento.