Semana da árbore en Ortigueira
O Concello de Ortigueira celebrará unha semana da árbore onde plantaremos árbores en diferentes centros educativos e residencia de persoas maiores (ata finalizar existencias):
- O programa comezará o luns, 21 de marzo, cun acto de lembranza a Isabel Álvarez, tamén coñecida coma Isabelita.
- O martes 22 na Galiña Azul.
- Mércores 23 en Aspromor.
- Xoves 24 no CEIP José María Lage.
- Venres 25 no IES de Ortigueira.
A maiores, o xoves repartiranse árbores entre as persoas usuarias da biblioteca municipal Fernández Latorre.