RESUMO DA GALA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado 16 de maio celebramos en ortigueira o día das letras galegas este ano adicado a figura de Mª victoria Moreno Márquez.
Para a organización desta actividade, a través da Escola de Música, contamos coa colaboración da Asociación Cultural Galioart, da Coral Polifónica de Ortigueira, da poetisa ferrolá Amelia del Querol Orozco, e de Luli, Golpa, Sindo e Iván, as voces desta gala.
Durante a Gala foron entregados os premios do IV Concurso de poesía en Galego , quedando da seguinte maneira a orde dos gañadores:
O xurado composto por Xulia Dopico, e membros da Asociación cultural GALIOART de Ortigueira.
- 1º premio da primeira categoría . ( 11 anos )
MARCOS MOURIZ FERNÁNDEZ
” A MIÑA GAITA E O MEU MESTRE “
- 2º premio da primeira categoría .
YAIZA BAEZ PENA ( 11 ANOS )
” A PRIMAVEIRA EN ORTIGUEIRA “
- 1º premio da primeira categoría . ( maiores de 11 )
ALVARO SAMPAIO BOUZA
” GALIZA “
A artista de Loiba, Julia Dopico, acompañou a lectura das poesías coa bandurria e o piano durante o recital.
Dende a concellería de cultura, agradecemos profundamente aos recitadores a súa participación e agardamos ser máis para o ano que ven: Grazas LULY DOPICO, J.ANTONIO ( GOLPA ), AMELIA DEL QUEROL, IVÁN VAZQUEZ, e GUMERSINDO FERNÁNDEZ.
A gala continuou coa actuación nos nenos e maiores dos coros da ESCOLA DE MUSICA DE ORTIGUEIRA. Moi agradecidos aos pekes por portarse tan ben e aos profes da Escola pola súa gran profesionalidade e traballo.
E seguidamente, a actuación da CORAL POLIFÓNICA DE ORTIGUEIRA, a cargo de CARLOS CARAMÉS.
AS 22:00 H, 1º FESTIVAL ROCK LETRAS GALEGAS NA PRAZA ISABEL II TIVEMOS O PRACER DE ESCOITAR OS GRUPOS MARTHIRIO (ALVARO , AGUSTIN ,MANUEL , MIGUEL , LUCIA , ALDARA ) É ANACORETAS NO EXILIO. ( JAVI , ISMA , DAMIAN , PAULO ,GASTÓN )
Moi agradecidos con todos eles e SORTE NESTA VIAXE O ROCK MÁIS PROFUNDO .
Dende a Concellería de Cultura queremos destacar o papel da sociedade civil, organizada en asociacións culturais, e a riqueza que supón para o Concello que se produzan estas colaboracións.
A cultura debe construírse dende abaixo, dende a propio tecido social.
ENTRE TODOS FACEMOS CULTURA.
FACEMOS ORTIGUEIRA
GRAZAS