Apertura novo prazo de ofertas para a licitación da renovación de camiños de Riba, Corvite, Suarriba e Caxigueira (Plan Camiña Rural 2025-2026)
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) concedeu ao Concello de Ortigueira unha axuda, ao abeiro do Plan Camiña Rural, para a actuación denominada “Renovación de Camiños de Riba, Corvite, Suarriba e Caxigueira” por importe de 109.737 euros.
Por resolución da Alcaldía, aprobouse o expediente de contratación da obras comprendidas no proxecto titulado “Renovación de Camiños de Riba, Corvite, Suarriba e Caxigueira”, por importe total de licitación 132.779,77 euros
Rematado o prazo de presentación de ofertas, con data 18.09.2025, reúnese a Mesa de Contratación co fin de proceder á apertura das ofertas, estendéndose acta na que se fixo constar que «unha vez identificados na plataforma o número de membros da mesa necesarios para a apertura de ofertas, comprobase que non consta que se presentasen ofertas en dito procedemento».
Resólvese a apertura dun novo prazo, ata o 15 de outubro de 2025, para a presentación de ofertas en relación á adxudicación do contrato de obras denominado “Renovación de Camiños de Riba, Corvite, Suarriba e Caxigueira”, cun orzamento base de licitación 132.779,77 euros
Descarga a resolución completa aquí.