Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATA CUN BALANCE POSITIVO O OBRADOIRO “A ARTE DE COIDARTE”, PARA MULLERES QUE VIVIRON SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Obradoiro “A arte de coidarte”, deseñado para mulleres que viviron problemas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade, vén de rematar en Ortigueira cunha sesión presencial, aínda que o proxecto desenvolveuse en liña pola situación sanitaria. Quince mulleres participaron nesta iniciativa dirixida polas terapeutas Noelia Darriba e Naiara González, da entidade Atalaia Social, que comezou no mes de xuño e que consistiu na creación dunha rede de acompañamento e apoio. Semanalmente tiveron lugar prácticas de autocoidado e momentos destinados a escoitarse e expresarse, cuns resultados considerados moi satisfactorios tanto para as participantes como para as terapeutas. De feito, este proxecto servirá de base para futuras propostas que terán lugar tamén en liña polo actual imperativo de distanciamento social.

“A arte de coidarte” foi financiado con créditos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero e Pacto de Estado.

Back to top