A recollida de lixo no Concello de Ortigueira realízase de xeito diario, ainda que a afluencia a determinadas parroquias realízase de xeito menos frecuente.
Na seguinte ligazón pode consultar a programación de recollida de lixo por parroquias.
VER PDF Programación da recollida de lixo (pendente)
A recollida de enseres municipal realízase o primeiro xoves de cada mes. Para o cal, os interesados e interesadas:
Aviso previo: chamando ao 981 400 000 (de luns a venres de 9.00h a 14.30h) onde deberán informar dos enseres a depositar e a dirección.
Depósito: os enseres deberán deixarse antes das 8.00h do día indicado ao carón do contenedor máis próximo.
O Punto limpo do Concello de Ortigueira atópase no Polígono industrial de Cuiña. Nel, poden depositarse os seguintes residuos:
- Residuos non perigosos: Madeiras de residuos domiciliarios, plásticos domiciliarios ou asimilables (excluidos os envases), restos metálicos do fogar, voluminosos (colchóns, sofás e outros mobles), papel e cartón.
- Residuos de Aparatos Eléctricos y Electrónicos (RAEES): Electrodomésticos (con e sen CFC), equipos de informática e telecomunicacións (monitores, TV), pequenos electrodomésticos, ferramentas, xoguetes electrónicos.
Polígono Industrial de Cuiña, 27.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 8.30h a 13.30h. Sábado de 10.00h a 13.00h.
En canto á reciclaxe, dúas empresas externas e especializadas recollen os contedores verdes e azuis. Os interesados dispoñen de colectores diferenciados dependendo dos residuos a botar:
- Nos contedores verdes pode depositarse calquera tipo de vidro: botellas, tarros, etc. Na planta de tratamento retíranse os restos de cortiza, papel ou metais para proceder á súa reciclaxe. Tira o vidro directamente no iglú, sen bolsa.
- Nos contedores amarelos deben tirarse os bricks xunto cos plásticos e as latas. Deposítaos nunha bolsa plástica pechada para que non se verta o seu contido.
- No contedor azul van o papel e o cartón, directamente ou nunha bolsa de papel.
- Se un residuo ten materiais que pertencen a diferentes categorías, debes separalos para botalos ao contedor que corresponda.