PUBLICADAS AS BASES DO CONCURSO DE DISFRACES E DA XORNADA GASTRONÓMICA DE DOCES DE ENTROIDO
Sendo a Festa do Entroido un evento de interese cultural e gastronómico, que serve para manter as tradicións do noso concello, convócase un concurso de disfraces e de doces para involucrar a veciñanza e, deste xeito, conservar as costumes e as receitas típicas do concello.
O Concello de Ortigueira convoca para o Entroido 2020 un concurso de disfraces, que se celebrará o luns 24 de febreiro, e convoca a XXIV edición da Xornada Gastronómica de Doces do Entroido 2020, que se celebrará o domingo 23 de febreiro.
As bases do evento pode consultarse na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Bases entroido e concurso de doces