PROXECTO “COMPOSTAXE IN SITU”
Xa se coñecen as datas para o proxecto “Compostaxe in situ” no Concello de Ortigueira.
Este ten como obxectivo contribuír á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural e enmárcase no programa FEDER GALICIA 2014-2020.
Este xoves, 13 de maio, haberá dous actividades:
- De 11.30 a 13.30 horas, colocarase unha carpa informativa na Alameda.
- Ás 17.00 horas farase a formación no Teatro da Beneficencia
O próximo 3 de xuño, haberá de novo unha carpa informativa na Alameda de 11.30 a 13.30 horas.